O Mesón Os Muíños, en Ponte Goián (Boiro), iniciou a súa actividade no ano 1977 e está situado nun antigo muíño que data do ano 1745. A súa cociña é sinxela, permanecendo fieis ao tradicional. As súas principais especialidades son o churrasco, as luras e o polbo. Este último produto elaboranno ao estilo oriental: con humus, queixo, calabacín, tomate cherri e pementa. O Bar Ludeiro, en Castrelo de Miño, abriu as súas portas na década dos anos 60 do século pasado. Na actualidade está rexentado pola filla da fundadora, quen, cando comezou co negocio, ía a pescar as anguías, prato polo que é coñecido este establecemento. Os seus clientes son esencialmente as xentes do concello, se ben os fins de semana atéigase de persoas procedentes de diferentes cidades galegas. Ademais das anguías, outras especialidades son as ameixas e a fideuá con polbo. Casa Sánchez, en Rodeiro, leva ofrecendo comidas desde hai 40 anos. Inicialmente funcionaba como un bar-restaurante na metade do local, mentres que