Na localidade pontevedresa de Bueu encontramos Casa Quintela, que leva aberta desde o ano 1921, cando os avós paternos da xeración que rexenta actualmente o establecemento adquiriron un local que, nos seus inicios, albergaba a casa de comidas onde cociñaba a avoa e un salón de peiteados en que traballaba o avó. Neste local manteñen como base da súa cociña as receitas tradicionais de sempre, se ben con algún toque de innovación. A principal especialidade é o polbo, feito de moi diversas formas: á feira, con gambas ao allo, con fabas ou á prancha con grelos, entre outras. Casa do Labrego, que se atopa en Baamonde, no concello de Begonte, conta con máis de 100 anos de vida. Os actuais responsables cren que foi no ano 1916 cando comezou a súa actividade, que naceu despois de que once irmáns que emigraran  a Barcelona decidiran, ao seu retorno, montar un ultramarinos para dar paso, anos máis tarde, á casa de comidas que é hoxe en día. O local que a alberga é unha casa rústica e tradicional