O restaurante Xanxo, da Pobra do Caramiñal, abriu as súas portas o ano 1979. Inicialmente funcionou como un merendeiro. Contaba cun salón comedor que se convertía nun lugar propicio para facer festas, xa que moitos dos seus clientes levaban guitarras e poñíanse a cantar. O local está situado nunha casa de aldea con máis de 300 anos que sufriu diversas reformas. Ten un patio interior, cuberto por unha parra, en que tamén serven comidas. As súas especialidades principais son as empanadas (de millo e trigo), peixes, mariscos e xarrete guisado en tarteira. A Centoleira, de Bueu, caracterízase polos seus guisos mariñeiros, os mexillóns, o arroz con lumbrigante e os peixes de rocha. A casa fundouse no ano 1884 polos bisavós do actual propietario, Xulio, que abandonou a súa profesión como arquitecto para seguir coa tradición familiar. A mediados dos anos 60 do século pasado, coincidindo co “boom” turístico, a nai de Xulio, fundou o hostal-restaurante “La Vizcaína”, que cambiou de nome para p