A pousada “O Almacén”, de Cervo, comezou a funcionar como casa de comidas hai aproximadamente 50 anos. Sitúase nun caserío que foi construído no ano 1890 e que, no seu día, albergou inicialmente un almacén de coloniais. Fan unha cociña galega evolucionada, en que destacan como como especialidades a caldeirada de peixe, as carnes vermellas, a caza, a xarda e o bonito. “Casa de Comidas” tamén se achega ao restaurante “O Castillo”, de Vimianzo, que abriu as súas portas en 1977 e na actualidade está ao fronte do negocio a terceira xeración. É un local que conta cunha decoración sinxela e no que as súas especialidades son a “tixola irmandiña”, a carne á pedra, o bacallau ao pil-pil e os callos. O restaurante “Os Peares”, da Estrada, fundouse no ano 1953 pola nai da actual responsable, Lola, a quen lle bota unha man, de cando en vez, o seu fillo. Ofertan comida caseira aproveitando os produtos frescos do mercado local que teñen enfronte do negocio. As súas especialidades son os callos, a