“Casa de Comidas” entra na Taberna do Valeco, en Mondoñedo, un establecemento fundado no ano 1956 polos pais do actual responsable, José Bouso Fernández. Nos seus inicios foi unha tenda mixta de ultramarinos e enfronte tiñan unha fonda onde daban comidas. Os pratos de culler, como o caldo, os callos, ou a fabada, entre outros, seguen facéndoos en cociña de leña. A súa principal especialidade son os pratos de caza maior e menor. En Meaño, o programa encontra Casa Rodiño, que abriu as súas portas no ano 1981. Na actualidade. A súa especialidade é o año. A seguinte visita lévanos ao restaurante Lusitano, de Lobios, que comezou a súa andaina no ano 1930 como sitio de comidas, café e mercería. Luis Díaz e Joaquina Boga, avós dos actuais propietarios, tamén rexentaban unha pequena carnicería que se atopaba noutro local, ao lado da casa de comidas. As receitas de Joaquina, que era a encargada da cociña, aínda seguen a prepararse hoxe no Lusitano. No ano 2014 foron distinguidos co “Premio a