“Casa Lola”, de Ponteareas, abriu as súas portas no ano 1929 e é un establecemento singular, cunha estética vintage, en que destaca a presenza de mobles antigos da familia e fotografías de décadas atrás. Entre as súas especialidades cabe mencionar a lamprea, os callos e o bacallau guisado. A “Casa Pena”, de Moeche, caracterízase polas súas carnes, a súa empanada de zamburiñas e a caza. Foi fundada no ano 1934 polos avós da actual propietaria. Nos seus inicios foi unha tenda de ultramarinos típica dos pobos coa casa de comidas, autoservizo con carnicería e fonda. “Casa Cazoleiro”, de Meira, iniciou a súa actividade hai algo máis de dúas décadas, pero neste período de tempo gañou a fama de ser un lugar cunha coidada gastronomía, en que sobresae a preparación que fai Álvaro, o propietario da casa, dunha perna de tenreira de raza autóctona galega no seu forno de leña. Polo que respecta á “Casa de Pulpo”, de Verín, hai que salientar que é un dos lugares máis demandados para comer o polbo