O programa fai a primera parada en Casa Miranda, coñecida pola súa tortilla. A dona do establecemento, Pepa, abriuno en compañía do seu pai, que era taxista, cando tiña 17 anos e lembra o gasto que supuxo un traspaso como o que realizaron.  Casa Mari Luz, en Monterroso, é un referente para as peregrinas e os peregrinos que realizan o Camiño Francés. Abriron no ano 1993 con pouco máis que un plástico que facía as veces de toldo para protexer aos comensais da choiva. O seu prato típico é o bacallau. A casa de comidas Buján Carbia, en Cuntis, abriu as súas portas no ano 1955, como unha taberna de aldea e ultramarinos, e o seu nome inicial foi o de Casa Fina. Higinio, fillo dos fundadores, converteuno e púxolle o nome actual. As súas especialidades son o coello asado, os callos, a tenreira asada, a pescada á galega e as sobremesas caseiras Por último, o programa visita Casa Lelo, na Teixeira, que iniciou a súa actividade como casa de comidas fai, aproximadamente, 20 anos, pero anteriorm