A morte de Fran fronte á comisaría supón un shock para todos. Un golpe terrible para a familia Galdón e especialmente para Teresa, que está convencida de que Fran descubriu algo. Séntese culpable por involucralo nas súas sospeitas acerca dos movementos da maquinaria da auga seca. O inspector Viñas lidera esta nova investigación, que apunta a Abel Furtado como principal sospeitoso do asasinato. Ó decatarse disto, Mauro busca vinganza e pídelle a Lázaro a vida de Abel como represalia. Lázaro é reticente, pero acepta. A cambio, Mauro debe acometer a seguinte operación de tráfico acordada, moito máis grande que a anterior.