Close

Auga seca

Un thriller sobre el tráfico de armas y sus conexiones con el mundo empresarial, donde un joven portugués, Paulo Duarte, aparece muerto en el puerto de Vigo. Se trata, aparentemente, de un suicidio, aún que nadie consiga entender por que motivo lo hizo. Ni su hermana Teresa, que parte de Lisboa a Vigo; ni su padrino, Mauro Galdón, un importante empresario de Vigo, proprietario de la empresa de logística donde trabajaba Paulo... y a quien la muerte de Paulo le va afectar más de lo que le gustaría.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Series
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/auga-seca

Episodios disponibles para ver online

Capítulo 6 - 08/03/2020 22:30
Despois de que Silvia lles confesara que matou a Rafa, Mauro e Irene pensan que poden facer para axudar á súa filla. Pola súa banda, a policía xa atopou o cadáver de Rafa e buscan a Leo, ao que cren culpable da súa morte. Leo está agochado e non tardará moito en ser descuberto. Pero quen o atopa non é a policía, senón Mauro. Mentres Nicasio supervisa os últimos detalles do envío de armas, que sairá nun barco ese mesmo día, Fran comeza a sospeitar ao decatarse de que a maquinaria da auga seca non está nin no almacén do laboratorio nin no porto.
Capítulo 5 - 01/03/2020 22:30
Grazas a Teresa, os inspectores descubriron que Silvia era a moza de Paulo e xa falaron con ela. Mentres os policías se preguntan polo papel da pequena dos Galdón na investigación que teñen entre mans, os homes de Mauro agardan a chegada das armas, que veñen de Portugal. Achégase o momento de preparar o envío a África, ocultando as armas entre a maquinaria da auga seca. Pola súa banda, Leo e Silvia descubriron quen é o home que lles está a pedir cartos, Rafa, un policía de seguridade cidadá, e toman a decisión de pagarlle.
Capítulo 4 - 23/02/2020 22:30
Tras sufrir un ataque na sede da súa empresa en Luanda, a Mauro non lle queda outra que retomar o envío de armas aos seus clientes en África. Por outra banda, a súa filla Silvia e Leo, ambos compañeiros de Paulo no negocio do tráfico de armas, seguen a ser chantaxeados polo home que matou a Paulo. Leo, ademais, cre que Teresa descubriu que se colou no piso de Paulo e teme que llo contara á policía. Non se trabuca, o equipo de Viñas xa o está a vixiar.
Capítulo 3 - 16/02/2020 22:30
As últimas pistas atopadas pola policía lévanlles a pensar que Paulo estaba a traficar con armas. O que non imaxinan é que o negocio de Paulo é só unha pequena parte e que o verdadeiro traficante aquí é Mauro, que acaba de descubrir que Paulo lle estaba a roubar. Instalada agora en Vigo, Teresa comeza a investigar pola súa conta. Mentres tanto, os Galdón prepáranse para un importante evento da Fundación, no que Fran presentará o seu proxecto para combater a seca a través da “auga seca”.
Capítulo 2 - 09/02/2020 22:30
Despois de que aparezan varias armas no piso de Paulo, o inspector Viñas e a súa compañeira Gabriela céntranse aínda máis na investigación da súa morte, que en realidade foi un asasinato. A presencia da policía no porto interponse nos negocios paralelos de Mauro, que se ve na obriga de pospoñer unha operación de tráfico de armas. Pola súa banda, Teresa debe volver a Lisboa, aínda que segue convencida de que o seu irmán non se suicidou.
Capítulo 1 - 02/02/2020 22:30
“Auga seca” comeza cando un rapaz portugués, Paulo Duarte, aparece morto no porto de Vigo. Aparentemente trátase dun suicidio, pero ninguén na súa contorna consegue entender por que o fixo. Nin a súa irmá Teresa, que viaxa a Vigo desde Lisboa; nin o padriño de esta, Mauro Galdón, un importante empresario vigués propietario da operadora loxística na que traballaba Paulo. E ao que a morte de Paulo vai afectarlle máis do que lle gustaría.

Otras series >


Otros programas de TVG (Galicia) >