Grazas a Teresa, os inspectores descubriron que Silvia era a moza de Paulo e xa falaron con ela. Mentres os policías se preguntan polo papel da pequena dos Galdón na investigación que teñen entre mans, os homes de Mauro agardan a chegada das armas, que veñen de Portugal. Achégase o momento de preparar o envío a África, ocultando as armas entre a maquinaria da auga seca. Pola súa banda, Leo e Silvia descubriron quen é o home que lles está a pedir cartos, Rafa, un policía de seguridade cidadá, e toman a decisión de pagarlle.