As últimas pistas atopadas pola policía lévanlles a pensar que Paulo estaba a traficar con armas. O que non imaxinan é que o negocio de Paulo é só unha pequena parte e que o verdadeiro traficante aquí é Mauro, que acaba de descubrir que Paulo lle estaba a roubar. Instalada agora en Vigo, Teresa comeza a investigar pola súa conta. Mentres tanto, os Galdón prepáranse para un importante evento da Fundación, no que Fran presentará o seu proxecto para combater a seca a través da “auga seca”.