Lázaro recibe unha chamada do seu confidente na policía, Machado: Abel está sendo interrogado. O tempo é esencial, así que manda a Tiago a rematar o traballo. Fonseca vai ó agocho que lle indica Abel e atopa a Nuno morto. Saraiva consegue salvar a Abel cando Tiago está a piques de matalo, así descobre que teñen un traidor dentro da unidade. Teresa cre que Mauro ten algo que ver coa morte do seu pai e precisa respostas que só pode atopar en Vigo. Contra o criterio de Viñas, reúnese con Mauro, pero non sabe que Lázaro mandou a un matón tras ela.