Abel resulta ferido por Nuno no atraco e está no hospital, inconsciente e baixo custodia policial. Isto aumenta a tensión entre Mauro e Lázaro. Tralas declaracións iniciais do asalto, Saraiva sospeita que Lázaro oculta algo. Na zona forestal na que se agochaba Abel aparecen dous cadáveres. Cando Saraiva descobre que traballan nos viñedos de Lázaro, as pezas comezan a encaixar. En Vigo, un accidente dun operario causa un retraso no embalaxe das armas. Ademais, os Galdón descobren que a policía os vixía. En Lisboa, Teresa continúa a súa investigación. Empeza a crer que o seu pai non era quen ela pensaba.