De volta en Lisboa, Teresa confirma que Peristerias pertence a Finance Invest, fundada polo seu pai Joâo. Pídelle a Filipe, o socio de Joâo e actual director da empresa consultora, investigar para a súa tese doutoral. Vai sobre a implantación dos novos modelos financeiros dos que o grupo foi pioneiro. En Vigo, as armas chegaron, comeza a operación de empaquetado coa maquinaria da auga seca. Irene, descobre a operación en curso e intenta deter a Mauro. Pero despois dunha tensa discusión comprende que precisan sumar forzas. Mentres en Lisboa, Abel trama con Nuno e Costa, asaltar a Lázaro en vinganza pola súa traizón.