A policía atopa un novo alixo de armas no apartamento de Raquel, a moza de Fran, é parte da manobra de distracción de Mauro. A confesión de Leo identifica a Fran como o terceiro membro da banda, confirmándoo como parta da trama de tráfico de armas. Esa información fíltrase á prensa e cando Irene se decata, está furiosa, non so perdeu ó seu fillo senón que a súa memoria queda desfeita. Ao mesmo tempo, Teresa cóntalle a Laura o que viu na comisaría. Un pago dunha empresa con sede en Panamá á nave de Vigo baixo o nome de Peristerias, o alcume que o sei pai empregada para Paulo e mais ela. É posible que o seu pai estivera involucrado en todo isto? A única forma de descubrilo é volvendo á casa, a Lisboa.