“Auga seca” comeza cando un rapaz portugués, Paulo Duarte, aparece morto no porto de Vigo. Aparentemente trátase dun suicidio, pero ninguén na súa contorna consegue entender por que o fixo. Nin a súa irmá Teresa, que viaxa a Vigo desde Lisboa; nin o padriño de esta, Mauro Galdón, un importante empresario vigués propietario da operadora loxística na que traballaba Paulo. E ao que a morte de Paulo vai afectarlle máis do que lle gustaría.