A Televisión de Galicia estrea este luns “As Luces”, un programa divulgativo en que toman a palabra persoas relevantes da sociedade galega. Dirixido e presentado por Xosé Carlos Caneiro, o espazo propón unha conversa distentida e sosegada entre dous persoeiros de ámbitos profesionais ou culturais distintos pero unidos por algún vínculo unhas veces explítico, e outras latente.Os primeiros protagonistas dese diálogo son Xosé Ramón Gayoso, presentador de Luar e avogado de formación, e Milagros Otero, Valedora do Pobo e catedrática de Dereito. O programa descobre así facetas pouco coñecidas de persoas relevantes do mundo cultural, académico ou profesional, ao tempo que suscita unha conversa con propósito divulgativo sobre os máis variados ámbitos de coñecemento.