Close

As Luces

Programa divulgativo en que personas de la sociedad gallega toman la palabra. Los protagonistas son el presentador Xosé Ramón Gayosa y la catedrática de derecho Milagros Otero

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Divulgación
Tema: Sociedad
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/as-luces-1

Episodios disponibles para ver online

Inma López Silva e Xosé Luis Barreiro Rivas - 23/07/2019 00:25
Antonio López e Susana López - 16/07/2019 00:25
Con María Solar e Fernando Serrulla - 08/07/2019 23:55
Patricia Fra e Luis Ventoso - 01/07/2019 23:55
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe e Asunta Rodríguez - 25/06/2019 00:45
Pedro Feijoo e Lucía Freitas - 17/06/2019 23:55
Uxía Senlle e Carlos Blanco - 11/06/2019 01:00
Guadi Galego e Xosé Antonio Touriñán - 03/06/2019 23:55
Manuel Blanco Desar e María de la Fuente - 27/05/2019 23:55
Rosa Cedrón e Emilio Rúa - 20/05/2019 23:55
Elena Vázquez Cendón e Darío Villanueva - 14/05/2019 00:20
Jorge Mira e María Canosa - 07/05/2019 00:10
Diana Nogueira e Roberto Blanco Valdés - 29/04/2019 23:55
Ángel Carracedo e Cristina Fernández - 11/07/2017 00:30
Xosé Carlos Caneiro conversa co catedrático Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, e con Cristina Fernández, a primeira muller fareira de Galicia Carracedo, con sangue de fareiro nas súas veas, é un divulgador ameno e incansable da súa profesión, na que destacan as súas achegas á xenética de poboacións e farmacoxenética, fundamentais na ciencia internacional. Cristina, audaz e salvadora de vidas no mar, é a fareira de Cabo Vilán, onde vive cada día amando a súa profesión. Na súa memoria residen a beleza e a dor, como o desastre do Prestige.  Os convidados falan de asuntos que os unen e tamén de aspectos máis persoais, relacionados coas súas traxectorias profesionais e vitais, nun programa que quere que descubrir facetas pouco coñecidas de persoas relevantes da sociedade galega, pero tamén suscitar unha conversa sosegada con propósito divulgativo sobre variados ámbitos de coñecemento.  
Susana Seivane e Iván Raña - 04/07/2017 00:30
Xosé Carlos Caneiro conversa coa gaiteira Susana Seivane e o triatleta Iván Raña.
Emma Lustres e Tino Fernández - 13/06/2017 01:00
O empresario Tino Fernández e a produtora Emma Lustres son os convidados de Xosé Carlos Caneiro. Tino Fernández é licenciado en Económicas, empresario de éxito e fundador, presidente da consultora tecnolóxica Altia dende 1994, e presidente do Deportivo da Coruña desde xaneiro de 2014. A súa vida está ligada ao deporte, foi adestrador de equipos de baloncesto, entre eles as seleccións galegas infantil e cadete masculinas, pero sen dúbida a súa gran paixón é o balompé. Emma Lustres, unha muller do Grove enganchada ao cinema, decidiu fundar na Coruña no ano 2003 a empresa Vaca Films, na que exerce dende aquela como produtora executiva. É a responsable de éxitos cinematográficos tan relevantes como “El desconocido”, “El niño”, “Cien años de perdón” ou “Celda 211”, ademais de gañadora do Goya á mellor película en 2010. 
Ledicia Sola e Alfredo Conde - 06/06/2017 01:30
María Mera e Xosé Manuel Piñeiro - 30/05/2017 01:00
Xosé Carlos Caneiro conversa coa actriz María Mera e co presentador e cantante Xosé Manuel Piñeiro.
Víctor Freixanes e Lupe Murillo - 23/05/2017 01:00
Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega, escritor, editor e profesor, e Lupe Murillo, licenciada en Dereito, xerente de conservas Pescamar e presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, conversan con Xosé Carlos Caneiro.  Durante 45 minutos, estes dous convidados falan de asuntos que os unen, como o seu amor por Pontevedra e Galicia e polo deporte, pero tamén de aspectos máis persoais, relacionados coas súas traxectorias profesionais e vitais, nun programa que quere que descubrir facetas pouco coñecidas de persoas relevantes da sociedade galega, pero tamén suscitar unha conversa sosegada con propósito divulgativo sobre variados ámbitos de coñecemento.  
Lembrando a Carlos Casares, con Xabier Casares e Olivia Rodríguez - 16/05/2017 01:00
Na semana das Letras Galegas, “As Luces” fai a súa achega á homenaxe a Carlos Casares, cun programa en que os protagonistas son Xabier Casares, irmán do escritor, e Olivia Rodríguez, profesora de Teoría Literaria na Universidade da Coruña e crítica literaria. Pediatra, lector voraz e músico afeccionado, Xabier Casares custodia o legado de seu irmán como presidente da fundación que leva o seu nome, mentras que Olivia Rodríguez é unha gran coñecedera da obra do autor ourensán.  
Benigno Campos e María do Ceo - 09/05/2017 01:00
Os convidados de Xosé Carlos Caneiro son dúas persoas que abandonaron o seu oficio pola súa paixón, Benigno Campos, cociñeiro e protagonista do programa “Larpeiros” da Televisión de Galicia, e a cantante de fados María do Ceo.  Benigno Campos, natural de Chapela, traballou como técnico naval no estaleiro ata que se consagrou por enteiro á cociña. Hoxe son tantos os seus compromisos que a penas consegue sacar tempo para compartilo co seu neto Adrián. María do Ceo naceu en Portugal, pero marchou vivir a Ourense sendo aínda nena. Traballou de caixeira nun supermercado e, a principios dos anos noventa, deixou toda actividade que non tivese que ver coa música.  
Fina Casalderrey e Pepe Solla - 02/05/2017 01:00
O cociñeiro Pepe Solla e a escritor Fina Casalderrey son os protagonistas da terceira entrega do programa de cultura e diálogo “As Luces”. Ademais de seren referentes nos seus eidos profesionais, os seus intereses e traxectorias crúzanse no eido da gastronomía xa que a autora, recoñecida polos seus títulos de literatura infantil e xuvenil, escribiu tamén “O libro da empanada” ou “Festas gastronómicas”. Os dous comparten tamén unha actitude optimista e vital, e vocación polas súas profesións, no caso do chef, herdada dos seus pais, e no da escritora, vinculado a súa faceta como docente.  Con Xosé Carlos Caneiro como condutor da conversa, os dous convidados desta noite intercambian reflexións e relatarán episodios e experiencias vitais innovadoras para os espectadores. 
María Victoria Otero Espinar e Ramón Villares - 25/04/2017 01:00
María Victoria Otero Espinar, profesora do departamento de Análise Matemática e decana da Facultade de Matemáticas da USC, e Ramón Villares, presidente del Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia Contemporánea tamén na Universidade de Santiago, son os convidados do programa “As Luces”. Durante 45 minutos, estes profesionais da ensinanza conversan con Xose Carlos Caneiro sobre aspectos que os unen, como a docencia ou a xestión de órganos de goberno da universidade pública, pero tamén de aspectos persoais, vitais e relacionados coas súas traxectorias profesionais.
Xosé Ramón Gayoso e Milagros Otero - 18/04/2017 01:00
A Televisión de Galicia estrea este luns “As Luces”, un programa divulgativo en que toman a palabra persoas relevantes da sociedade galega. Dirixido e presentado por Xosé Carlos Caneiro, o espazo propón unha conversa distentida e sosegada entre dous persoeiros de ámbitos profesionais ou culturais distintos pero unidos por algún vínculo unhas veces explítico, e outras latente.Os primeiros protagonistas dese diálogo son Xosé Ramón Gayoso, presentador de Luar e avogado de formación, e Milagros Otero, Valedora do Pobo e catedrática de Dereito. O programa descobre así facetas pouco coñecidas de persoas relevantes do mundo cultural, académico ou profesional, ao tempo que suscita unha conversa con propósito divulgativo sobre os máis variados ámbitos de coñecemento. 

Otros programas de divulgación >


Otros programas de TVG (Galicia) >