María Victoria Otero Espinar, profesora do departamento de Análise Matemática e decana da Facultade de Matemáticas da USC, e Ramón Villares, presidente del Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia Contemporánea tamén na Universidade de Santiago, son os convidados do programa “As Luces”. Durante 45 minutos, estes profesionais da ensinanza conversan con Xose Carlos Caneiro sobre aspectos que os unen, como a docencia ou a xestión de órganos de goberno da universidade pública, pero tamén de aspectos persoais, vitais e relacionados coas súas traxectorias profesionais.