Na semana das Letras Galegas, “As Luces” fai a súa achega á homenaxe a Carlos Casares, cun programa en que os protagonistas son Xabier Casares, irmán do escritor, e Olivia Rodríguez, profesora de Teoría Literaria na Universidade da Coruña e crítica literaria. Pediatra, lector voraz e músico afeccionado, Xabier Casares custodia o legado de seu irmán como presidente da fundación que leva o seu nome, mentras que Olivia Rodríguez é unha gran coñecedera da obra do autor ourensán.