Xosé Carlos Caneiro conversa co catedrático Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, e con Cristina Fernández, a primeira muller fareira de Galicia Carracedo, con sangue de fareiro nas súas veas, é un divulgador ameno e incansable da súa profesión, na que destacan as súas achegas á xenética de poboacións e farmacoxenética, fundamentais na ciencia internacional. Cristina, audaz e salvadora de vidas no mar, é a fareira de Cabo Vilán, onde vive cada día amando a súa profesión. Na súa memoria residen a beleza e a dor, como o desastre do Prestige.  Os convidados falan de asuntos que os unen e tamén de aspectos máis persoais, relacionados coas súas traxectorias profesionais e vitais, nun programa que quere que descubrir facetas pouco coñecidas de persoas relevantes da sociedade galega, pero tamén suscitar unha conversa sosegada con propósito divulgativo sobre variados ámbitos de coñecemento.