O equipo do “Aquí Galicia”, con Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña á cabeza realiza o seu programa desde o peirao de Camariñas con motivo da 28 Mostra do Encaixe, todo un emblema nesta localidade para axudar a promover e manter vivo o labor único das palilleiras.   Para coñecer máis sobre esta tradición e as súas orixes, o programa visita o Museo do Encaixe e está en directo no recinto feiral onde se desenvolve a mostra. Tamén se dá conta do 3º Campamento Náutico Encaixe Azul e dun desfile de moda realizado con encaixes de Camariñas, comentado polo deseñador Modesto Lomba. Coma en cada edición, “Aquí Galicia” dá a coñecer a contorna e monumentos da zona. Neste caso visita os pazos dos Mouzo e da Paxariña, o museo Etográfico e o Man de Camelle ou o Cemiterio Inglés e as praias do Trece, de Arealonga, da Pedrosa e Arnela, ademais de pasear pola ruta dos Muíños.   A orquestra La Fórmula, o coro municipal Brisas do Mar, as bandas de gaitas Con Todo en Banda e Abrindo Rejo,