Presiona ESC para cerrar

Aquí Galicia

Na súa estrea, o programa estará hoxe en Ponteareas, que pode presumir de ter unha celebración declarada de Interese Turístico Internacional, unha das máis altas distincións que se ofrecen. Foille concedida á súa festa do Corpus Christi. Polo set do programa, instalado na Praza Maior da vila ponteareá, pasarán algúns dos personaxes máis coñecidos e representativos da zona e, como non podía ser menos, algúns dos protagonistas do día, os responsables da confección das espectaculares alfombras florais que simbolizan esta festa. Así, “Aquí Galicia” contará coa participación da Escola de Alfombristas de Ponteareas, cuxos alumnos teñen unha idade media dos 8 e 9 anos. Eles serán os encargados de confeccionar, ao longo de todo o programa, unha das tradicionais alfombras do Corpus Christi ponteareán. Os espectadores tamén verán como se esmiúzan as flores para sacar todos os seus pétalos, que despois irán destinados á alfombra. O programa charlará cuns veciños que amosarán como se fai este

Página del programa en TVG (Galicia) >