Esta fin de semana celébrase a XXVI Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, oportunidade que aproveita “Aquí Galicia” para viaxar ata esta localidade lucense, onde se venderán uns 10.000 queixos e unhas 3.500 pezas de pan, dous produtos elaborados de xeito tradicional que combinan á perfección e que se enxalzan nunha cita que fai xa 26 anos. O programa lévanos a coñecer unha queixería e explotacións gandeiras que destacan en canto a avances técnicos e coidado dos animais.Ademais, percorremos algúns dos lugares máis turísticos de Friol e da súa contorna, entre os que destaca a Torre de San Paio de Narla, co seu Museo Etnográfico e da Historia. Os lugares naturais con máis encanto da zona, como a Cova da Serpe e o Muíño e a Fervenza de Candaide, tamén recibirán a visita do programa. O concello de Friol destaca tamén no eido do deporte. “Aquí Galicia” acompaña os membros do Club de Atletismo nos seus adestramentos e coñece todos os equipos de fútbol da zona: o veterano, o de rapaces