O programa acode a Pontevedra para vivir a Feira Franca, que chegou á súa décimo sexta edición e que este ano xirou arredor da música. Nesta viaxe ao século XV, encontramos artesáns, canteiros, ferreiros, palilleiras, cesteiros, redeiras, carpinteiros, músicos, xograres, comerciantes, damas e cabaleiros. Un tempo do privilexio concedido a Pontevedra polo rei Enrique IV, no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos durante un mes. Un dos aspectos máis importantes da celebración son os traxes, indispensables para conseguir o ambiente festivo que fixo desta festa un acontecemento tan popular. De feito, veciños e visitantes compiten cada ano pola orixinalidade dos seus vestidos medievais, nun verdadeiro espectáculo de sabores e cores. “Aquí Galicia” aproveita para facer algo de turismo e coñecer máis Pontevedra e a súa comarca, tanto o seu patrimonio artístico, con parada na zona vella, no mosteiro de San Bietiño do Lérez e na localidade de C