Toda a cidade participa nesta viaxe ao século XV, unha vivencia única habitada por artesáns, canteiros, ferreiros, palilleiras, cesteiros, redeiras, carpinteiros, músicos, xograres, comerciantes, damas e cabaleiros que achegan os asistentes ao tempo do privilexio concedido a Pontevedra polo rei Enrique IV, no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos durante un mes.