“Aquí Galicia” instálase este sábado na localidade lucense de Viveiro, onde estes días se pode ver o seu belén xigante “Viveiro ante o Berce”, o máis espectacular de Galicia e un dos contados de España a tamaño natural. con medio cento de figuras de cartón pedra. Á marxe da temática de Nadal, “Aquí Galicia” percorre a zona antiga de Viveiro, que destaca polos seus monumentos históricos, para coñecer as tres portas que quedan en pé do antigo recinto amurallado. Tamén pasea pola Canella do Muro, un estreito pasadizo considerado unha das rúas máis estreitas de España, e visita a igrexa de San Francisco, declarada Ben de Interese Cultural. Tamén coñecemos a parte máis natural de Viveiro a través de dúas rutas de sendeirismo e visitamos o Souto da Retorta, que agocha os eucaliptos máis antigos de Galicia, entre os que destaca o “Avó”, que, cos seus 2,5 metros de diámetro, é unha das árbores máis grandes de Europa. O programa fai un repaso polas festas máis representativas: a Semana Santa,