Arzúa renova a súa particular aposta polo folclore popular galego coa VII Festa da Gaita e Cantos de Taberna. "Aquí Galicia" entra nalgunhas das tabernas da vila acompañando os diversos grupos participantes na festa e, ademais, ten enriba do escenario agrupacións coma Castro Curbín, de Arzúa; Viute o Demo, de Sada; Airiños da Bandoxa, de Arzúa, e Os Santiaguiños, de Boimorto. Á marxe dos cantos de taberna, a proposta musical complétase coas actuacións da orquestra Palladium, da cantante Arantxa Pérez e da banda de música Isabel II.
O programa aproveita para coñecer as xoias turísticas zona, como, a capela da Madalena, a Alameda ou a estatua da Queixeira; e, seguindo o lema do concello “Destino Verde”, percorre o encoro de Portodemouros, a fervenza das Hortas e a carballeira da Mota. Tamén visita algúns albergues e tramos das dúas rutas xacobeas que conflúen en Arzúa: o Camiño Francés e o Camiño do Norte.
Outro dato curioso é que Arzúa é o concello de Galicia con máis establecementos