Desde o peirao da cidade olívica, os presentadores Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Juan Fuentes falarán sobre flores, un dos elementos protagonistas desta data festiva. Coñeceranse historias dos profesionais que traballan rodeados delas nas florerías e nas entradas dos cemiterios, así como a importancia que teñen estas para os vigueses nunha ponte tan especial. Nesta ponte de Todos os Santos non podería faltar unha visita o cemiterio de Pereiró, o máis grande de Vigo, onde se organizan visitas guiadas para coñecer polo miúdo a súa historia. Coma en cada edición, “Aquí Galicia” descubrirá os atractivos turísticos da cidade paseando pola súa concatedral, pola rúa comercial do Príncipe e pola Porta do Sol, o quilómetro cero da urbe.