Como cada 11 de xullo, Pontevedra celebra a súa festa máis popular, o San Benitiño de Lérez, onde os romeiros acoden ao santo para curar verrugas e feridas. A peregrinación represéntase simbolicamente a través do paso baixo o altar, cando os fieis untan un dedo nunha lámpada de aceite, da que se di que ten propiedades milagrosas.Marisa Dopazo e Carmela Reboledo son dúas veciñas da parroquia que se encargan de repartir o aceite do santo, cirios e libros entre todos os romeiros que se achegan á igrexa. O párroco do Lérez, Crisanto Rial estudou a tradición do San Benitiño e coñece moitos dos costumes da festa; e Manolo Ogando é un veciño de Lérez que axuda sempre na organización do evento e coñece mil e unha anécdotas. Nas súas conexións en directo, o reporteiro Duarte Galbán fala con todo canto romeiro se achegue a botar o aceite do santo e tamén se fai eco da parte máis festiva do evento, coas rosquillas e os postos de polbo. O programa realiza conexións en directo con Pepe Capelán, que