Neste 25 de xullo, o programa “Aquí Galicia Tour” achégase ata Padrón, onde se celebra a romaría popular de Santiaguiño do Monte, intimamente ligada á tradición xacobea e á figura do Apóstolo Santiago.É unha romaría que comeza coa procesión do Santiaguiño desde a igrexa parroquial, acompañada de grupos folclóricos e logo, tras unha hora de camiño, chegan ao monte, onde os romeiros pasan todo o día e xantan a tradicional sardiña con pan de millo, que se reparte de balde entre todos os asistentes.A presentadora do programa, Lucía Rodríguez, está no monte da romaría, onde fala con Roberto Martínez, párroco de Padrón, Iria Flavia, Herbón e A Escravitude, que conta anécdotas sobre a celebración. Outra das convidadas é Guillermina Vidal, matriarca dunha gran saga familiar que acode todos os anos á romaría. O espazo da TVG fala tamén coa familia Castaño, con Pepe Domingo Castaño á fronte, que tamén é asidua do Santiaguiño do Monte.Polo demais, o reporteiro Duarte Galbán deambula pola romaría