No primeiro día de agosto, cando moita xente comeza as súas vacacións, o “Aquí Galicia Tour” achégase ata o concello coruñés de Ribeira para vivir a inauguración das súas coñecidas Festas do Verán.  O programa está centrado no deporte, a gastronomía e a festa, coa praia sempre como protagonista. O reporteiro Duarte Galbán realiza conexións en directo desde a vila barbancesa, mentres que Pepe Capelán e Tania Veiras están en directo na praia de Cabanas e noutros areais da zona. Ademais, esta primeira xornada de festa está dedicada aos galegos que están na emigración, polo que ten voz unha emigrante que reside en New Jersey. O programa presentado por Lucía Rodríguez fala tamén con Suso Silva, o adestrador do Club Náutico Ribeira, que conta todas as actividades que se desenvolven no seu club. Ademais, José Antonio Santamaría, patrón maior de Aguiño, explica todas as novas da Festa do Percebe de Aguiño. Santamaría cociña diferentes pratos que se poden elaborar con percebe, mentres que o coc