Despois de máis de 200 sábados percorrendo a xeografía galega, descubrindo os recunchos máis espectaculares e as festas máis concorridas, o programa “Aquí Galicia” non só non marcha de vacacións este verán, senón que estende o seu tempo ás tardes de luns a venres. Bautizado como “Aquí Galicia Tour”, e presentado por Lucía Rodríguez, ten como sintonía “Chegou o momento”, canción coa que Plan Siberia gañou o concurso da canción do verán da CRTVG. “Aquí Galicia Tour” estará cada tarde en directo nunha localidade galega protagonista desta época estival. Será unha fiestra aberta ao verán, coa participación do público, entrevistas curiosas e actuacións musicais de todo tipo. Nunhas ocasións levarán alí o programa as súas festas e celebracións e, noutras, serán as súas praias ou ríos, punto de reunión de numerosos veciños e turistas, os que o convoquen o programa nesa vila ou cidade. Desde un set instalado na praza central da vila, ou que tamén poderá ser un paseo marítimo ou un parque urbano