“Aquí Galicia Tour” achégase nesta ocasión a Foz, unha das capitais do verán na Mariña luguesa, que alberga numerosas praias tanto no concello coma na contorna. Lucía Rodríguez conversa co presidente da comisión das Festas do Carme, Jesús Fernández, e co presidente da Asociación do Desembarco Normando, Pablo Fraga, que fala desta festa tan concorrida que se celebra no verán. Para poñerlle imaxe a esta celebración, o programa conta cun desfile de roupa de normandos e castrexos con dúas deseñadoras locais. “Aquí Galicia Tour” tamén ofrece suxestións gastronómicas da man da cociñeira Remedios García, que propón algunhas delicias locais e conta coa presenza de Manuel Villalba, un heroe local que acaba de facer o Camiño de Santiago, desde a Mariña ata Compostela, nun só traxecto. A nota musical pona o Dúo Estrellas, composto polos irmáns Fanego.A reporteira Tania Veiras lévanos ao sur de Galicia, a Baiona, onde visita as súas praias e o Parador Nacional.