No día do Carme, “Aquí Galicia Tour” está no porto de Carril, en Vilagarcía de Arousa, para presenciar en directo a chegada ao porto da imaxe da Virxe e o seu posterior embarque para a procesión marítima. Ademais, no set do programa, Lucía Rodríguez conversa co patrón maior de Carril, José Luis Villanueva; co responsable da lonxa, Moisés Campos, e co patrón do barco Dani 1, Juan José Galván, que é quen leva a Virxe na procesión marítima. “Aquí Galicia Tour” tamén segue o transcurso desta festividade no Grove, onde está Tania Veiras informando de todo o que aconteza e narrando un dos momentos máis importantes da xornada: a chegada da Virxe ao porto. Reportaxes sobre as posibilidades de ocio que ofrece o verán e a actuación do grupo de gaitas Airiñas de Carril completan as propostas do programa.