O tour de 'Aquí Galicia' lévanos a Cambados, á Festa do Albariño en Cambados. Para coñecer máis a zona e as orixes desta celebración multitudinaria, Lucía Rodríguez está acompañada ao longo do programa por Marién Padín, de Turismo de Cambados. O programa tamén conta coa presenza dun dos máximos expertos en enoloxía, Jorge Vila, de Galicia Wine. O mundo do viño ten múltiples aplicacións e as uvas albariño non só serven para facer un viño excelente, senón tamén para cosmética e maquillaxe. Coñecemos máis sobre este tema e vemos xabóns e cremas de cara e mans realizadas a partir das uvas. A música póñena o cantante Ángel Sevilla e o grupo tradicional Con de Xido. O equipo de reporteiros distribúese por Valdoviño, con Tania Veiras gozando da súa praia e lagoa; a Alameda de Cambados, onde Duarte Galbán visita os postos de exhibición dos viños e da gastronomía; e Pepe Capelán amosa o ambiente da festa de San Fins e o Berro Seco.