O equipo de “Aquí Galicia” fai parada en Santiago de Compostela, que vive as festas do Apóstolo. Na súa ruta pola capital de Galicia, o programa fai distintas actividades para coñecer os lugares con máis afluencia de turistas. Está nos parques e xardíns máis representativos da cidade, como os de Belvís e Bonaval, ou nos lugares máis emblemáticos de Compostela, como as prazas do Obradoiro, Praterías, o Toural ou Cervantes, así como na rúa do Franco. Tamén fai unha visita guiada pola Cidade da Cultura e sobe ao tren turístico. Durante o programa, hai conexións cos tellados da catedral, un dos lugares máis visitados polos turistas na súa chegada a Compostela. Amenizan con música e baile os grupos Cantigas e Agarimos e Rosalía de Castro de Cacheiras. Rubén Gómez, gañador do concurso “Recantos” hai tres temporadas, canta o tema de Juan Pardo “A Charanga” e tamén actua a Banda de Música da Sociedade Recreativa San Xoán e Calo. As orquestras Compostela e Tamarindos son as encargadas de ameni