Chega a época das castañas, do viño novo e tamén dos magostos, e Aquí Galicia desprázase  a Santa Comba, na comarca do Xallas. Co equipo do programa, coñecemos o miradoiro de San Bartolomé, que conta cunha capela románica, e percorremos o río Xallas, cos seus cotos de pesca e as súas praias fluviais, ata a súa desembocadura en Dumbría, na fervenza do Ézaro. Ademais, visitamos a capela da Rubín, das poucas onde hai unha representación do demo e que ten unha fonte milagreira; a igrexa de San Fiz de Freixeiro, a máis antiga do concello; e o Pazo - Casa Señorial rehabilitada como museo etnográfico.  Santa Comba é un dos concellos con máis escolas deportivas de Galicia, e por iso Aquí Galicia vai coñecer algunhas delas, ademais dun circuíto de karts e a Festa Galega do Cachibol, un deporte que consiste nunha mestura entre brilé e voleibol que está facendo furor entre os máis veteranos. O percorrido pola zona inclúe unha explotación láctea, unha empresa de metalurxia orientada á gandería,