A XXII Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós, declarada de Interese Turístico de Galicia, reclama a presenza de “Aquí Galicia”. Este concello da montaña ourensá, con gran tradición micolóxica, organiza cada ano este evento para dar a coñecer os produtos típicos do outono da zona e promover o futuro económico do campo. Saídas ao monte, charlas sobre as castañas e un gran magosto popular son algunhas das propostas para estes dous días de actividades culturais e gastronómicas. No aspecto gastronómico, o programa preséntanos unha mesa coa castaña como materia prima, onde hai fariña, pan, empanada, pasta, magdalenas, galletas, etc., e outra con este froito como derivado, con marrón glacé, castaña en xarope, marmelada, crema, licor, cervexa, embutidos. Ademais, presenciamos un magosto en directo, onde, ademais de castañas asadas, hai empanadas, touciño entrefebrado, chourizo e, coma sobremesa, a tradicional bica ourensá. “Aquí Galicia” aproveita a visita a Riós para coñecer máis sobre o c