“Aquí Galicia” desprázase á Mariña Lucense, en concreto, ata a vila de Cervo, que celebra a edición 40 da súa Queimada Popular. O programa aproveita para facer un percorrido polos lugares máis destacados da contorna, como a fábrica e o museo de Sargadelos, ou os areais máis fermosos do concello. Ademais, visitamos o  Mercado Tradicional que organiza a Asociación Airiños do Xunco e coñecemos a “Festa do Ovo Frito”, que se celebrou esta mesma semana na praza do Souto.  A música vén da man de artistas como a mindoniense Natalia Novo, o grupo de música tradicional Medio Quinhon, ou Assier, que optou a representar a España en Eurovisión. Os máis festeiros de Cervo poden bailar con Airiños do Xunco, que trae unha representación da queimada co baile das meigas e trasgos.