Previo á celebración da noite de San Xoán, "Aquí Galicia" quece motores na Coruña. Ao carón do paseo marítimo, Lucía Rodríguez, esta vez na compaña de Bernardo Montaña e Juan Fuentes, comparte en directo como se vive esta data na cidade nas horas previas. O programa aproveita a visita á Coruña para entrar o Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía, percorrer os espazos para o deporte ao aire libre ou realizar unha ruta de viños e tapas. A música póñena Johnny Maquinaria Orquestra, unha das mellores formacións orquestrais de música latina das illas Canarias; o coro El acorde secreto, coñecido pola súa participación no espazo “Oh Happy Day” da TVG, o cantante Sito Sedes, e e dúas representacións do mellor folclore europeo, unha formación búlgara e outra romanesa.E, no apartado gastronómico, como non podería ser doutro xeito, a protagonista do menú é a sardiña.