Portomarín vive un dos seus días grandes coa celebración da Festa da Augardente, o mellor pretexto para achegarse a este localidade, lugar de paso do Camiño Francés a Santiago de Compostela. Ademais de seguir de cerca de destilación do licor nas alquitaras instaladas na Praza Maior, “Aquí Galicia” é testemuña da elección da mellor augardente na cata a cargo das Damas e Cabaleiros da Orde da Alquitara. Nas reportaxes do programa lémbrase a historia da antiga Portomarín que quedou afundida baixo as augas do Miño cando se construíu o encoro de Belesar nos anos sesenta. Antes do asolagamento, algunhas edificicacións de interese artístico e histórico da vila que fora declarada Monumento Nacional trasladáronse pedra a pedra a novo emprazamento da vila no Monte Cristo. Foi o caso da igrexa fortaleza de San Xoán ou San Nicolao, un dos grandes tesouros artísticos de Portomarín, xunto á praza ou ás rúas porticadas. A repercusión do paso da ruta á Compostela e o privilexiado entorno natural da v