Aquí Galicia” está este sábado nun concello mariñeiro, con moita querencia polo porco celta: Porto do Son. O programa da canle pública goza coa Feira Celta, ao tempo que non dá unha visita polo municipio. O castro de Baroña; a praia das Furnas, de Cabeiro, ou os miradoiros do monte son algúns dos atractivos de Porto do Son que recollen as cámaras. O programa tamén presta atención aos principais areais da localidade e está cos bañistas que visitan a contorna en época estival, sexan veciños ou turistas. Sendo esta unha das “capitais do veraneo” en Galicia, o espazo dos sábados amosará o cambio que supón a chegada de visitantes na rutina do concello e como afecta a restaurantes, hoteis e terrazas, visitando lugares como Portosín ou Coira. “Aquí Galicia” non deixa, porén, de lado a vida mariñeira, ao ser esta actividade un dos principias motores económicos de Porto do Son. A través dunha reportaxe, o programa amosa a actividade do porto, o traballo de mariñeiros e redeiras, ou os aspecto