“Aquí Galicia” desprázase ata Pontecesures para animar a Festa da Lamprea que están a celebrar na vila e, de paso, coñecer mellor o concello e a comarca. A lamprea é o produto estrela do apartado gastronómico: os gañadores do concurso de tapas presentan os seus petiscos e as cociñeiras responsables da festa explican como preparan a tradicional lamprea a bordelesa. Os encargados de capturar no Ulla esta especie, moi singular polo seu aspecto primitivo, son os valeiros, que contan como fan o seu traballo. Un percorrido por Pontecesures permítenos coñecer o seu interesante patrimonio cultural, entre o que destacan a ponte romana e diferentes prazas e igrexas. Tamén recorda o primeiro salón do automóbil que se celebrou na vila, e que deixou como legado a afección polos coches históricos que comparten moitos veciños. “Aquí Galicia” está tamén na Mostra de Robots Pitufolandia, coa Asociación Cultural Estornela que promove a recuperación de xogos populares xa medio esquecidos, e nos adestr