O programa comprobará como están a ser os preparativos da festa e como os veciños están xa dispostos para pasar a noite en vela preparando o máis dun quilómetro de alfombras que tapizarán mañá as rúas da localidade. “Aquí Galicia” aproveitará para coñecer máis sobre Ponteareas e a súa comarca, con visitas ás súas xoias turísticas e ás súas marabillas naturais.  Algúns dos máis grandes ciclistas da historia de España son desta vila pontevedresa. O gañador dunha Volta a España, Álvaro Pino, guiará os espectadores por esta historia. Ponteareas é tamén unha das localidades onde máis gaiteiros artesáns hai. O programa farase eco do traballo dalgúns deles