Aquí Galicia desprázase a Pazos de Borbén, na provincia de Pontevedra, que está a celebrar o día grande das súas festas na honra de San Amaro. O programa asiste á preparación do santo para o evento e fala coa comisión de festas desta romaría e mais da do Santo Aparecido, que o concello celebra no verán.   Ademais, lévanos de paseo polos encantos naturais do concello, como son os ríos, os muíños, e a senda do Barragán, que permite gozar das paraxes que rega o río do mesmo nome e dunha fermosa fraga. Tamén hai montes, miradoiros e o sendeiro de Casqueiros, que discorre paralelo a outro leito de auga. As cámaras do programa tamén visitan algúns dos monumentos e edificacións máis singulares da contorna, coma cruceiros ou igrexas e, por suposto, a chamada senda aqueolóxica de Amoedo, unha ruta de catro quilómetros ao longo da que se poden atopar 88 petróglifos e 22 mámoas. Aquí Galicia tamén visita a Casa de Indianos deste concello cun pasado emigrante. Pazos de Borbén é, por outra parte,