“Aquí Galicia” está en directo este sábado en Sigüeiro, no concello de Oroso, que celebra a súa Festa da Troita. Na 21 edición do evento, os reporteiros do programa poden pescar o peixe nos ríos locais e catalo fritido, en empanada ou con améndoas e xamón. Tamén están no campionato de pesca e nos obradoiros infantís que se desenvolven neste enxalzamento gastronómico; coñecen a mascota do evento, Troi; e teñen tempo para visitar o municipio, acompañados de veciños de Oroso.  A contorna acolle tesouros naturais como a illa do Refuxio, a ponte Arderís, o Cachopal, a Peneteixa, o muíño do Vigo ou o Rego Tellado. Por Oroso pasa tamén o último tramo do Camiño Inglés cara Compostela e “Aquí Galicia” afonda nunha reportaxe nas curiosidades desta ruta. Tamén se fai eco dos éxitos deportivos do concello de Oroso; por iso visita as escolas municipais en que se practican modalidades coma o tenis de mesa ou o taekwondo. Nese concello viven varios pintores de renome internacional, un rapaz violini