Viaxamos ata as terras do Baixo Miño para visitar a localidade do Rosal, situada nun lugar idílico, bordeado polo Océano Atlántico e o río Miño. Trátase dunha terra de gran fertilidade, como proban os seus excelentes viños. Xa que está comezando a época da vendima, aproveitamos para coñecer máis sobre estes caldos, adscritos á Denominación de Orixe Rías Baixas, que se caracterizan polo seu intenso aroma e a súa lixeira acidez. Este lugar presenta tamén un variado patrimonio natural e cultural, polo que ofreceremos algunhas suxestións turísticas para coñecer no Baixo Miño e visitará tamén algúns dos tesouros naturais que agocha a comarca. Por outro lado, lembraremos oficios como o dos cabaqueiros, un dos máis antigos que existiron en Galicia, que se dedicaban a facer tellas. Ademais de pola súa dedicación, estes artesáns cerámicos do Baixo Miño distinguíronse pola súa alta calidade técnica e polo número de profesionais que saían de alí para traballar en tellerías de toda Galicia, a Pe