“Aquí Galicia” viaxa ata O Porriño, que celebra as Festas do Cristo da Agonía e a XXIV Festa dos Callos, en que máis de 40 locais hostaleiros porriñeses ofrecen exquisitas racións deste prato. Para coñecer mellor este concello pontevedrés a súa contorna, o equipo do programa lévanos a lugares como o parque do Cristo, a casa de indianos de Vila Florida, o Pavillón de Palacios ou o Faro de Budiño; segue a “Ruta dos Muíños” do río Louro e entra no Museo dos Minerais, o único que hai en Galicia e que conta con máis de 3.000 pezas. “Aquí Galicia” tamén visita as escolas deportivas do concello, dedicadas a ximnasia, ciclismo e balonmán. No capítulo musical, o programa ofrece as actuacións de Paula Madero, antiga participante do concurso “Recantos” de “Luar”, do grupo de baile tradicional Os Penediños de Atios, da orquestra Royal Espectáculo, da Banda Municipal de Tui, da Academia de Danza Studio 57 e dos grupos de playback Noitemeiga e Soutelo. Ademais, “Aquí Galicia” entra nos ensaios d