“Aquí Galicia” vive en directo a LIII edición da Festa do Marisco, que se celebra no Grove. Esta festividade, unha das máis lonxevas de Galicia, atrae cada ano a milleiros de persoas que se achegan a península do Salnés a degustar un marisco que algúns consideran o mellor do mundo.  Aproveitando a visita, o equipo do programa explora os atractivos naturais da comarca para situar o concello do Grove e a península do Salnés. Ademais, centrándose na festa, investiga cantos visitantes atrae cada ano, a dinamización do sector servizos e o que supón para o concello a última festa importante da temporada. O “Aquí Galicia” tamén se adentra no concurso de pratos de mexillóns organizado por Amegrove.  Na sección musical, destacan as actuacións do grupo de baile tradicional Cantodorxo e do grupo de majorettes da asociación cultural do mesmo nome. Ademais, tamén actúa o grupo de baile tradicional Paradanda – Mecos, o grupo de música e canto tradicional Os Firrás e a orquestra La Nueva Phila.  N